Asociación Cultural Ribeira Crea


Benvida!

Ribeira Crea é unha asociación cultural sen ánimo de lucro nacida en 2021. Temos a vontade de impulsar a creación artística, o pensamento crítico e o encontro entre persoas. Traballamos dende a cultura como ferramenta de cohesión social e como maneira de fortalecer o territorio no que vivimos.

Promovemos proxectos artísticos que fomentan a participación, a creatividade e a igualdade, sempre dende unha mirada aberta, comunitaria e inclusiva.

Quen somos?

Somos un colectivo formado por profesionais e persoas interesadas na cultura, o audiovisual, a educación e a música. A nosa actividade céntrase en desenvolver proxectos propios e colaborar con outras iniciativas. Desta forma buscamos enriquecer o tecido cultural da comarca do Barbanza.

Que facemos?

Misión da asociación

  • achegar cultura accesible e de calidade ao municipio
  • apoiar e visibilizar creadoras/es locais
  • fomentar o pensamento crítico e a participación
  • crear comunidade arredor das artes e do audiovisual
  • impulsar proxectos transformadores no territorio

Estatutos

Podes ler aquí os estatutos da asociación Ribeira Crea ou descargalos:

Queres colaborar?

A nosa asociación é sen ánimo de lucro, facemos todo por amor á cultura, ao arte e ao noso pobo. Se ti tes as mesmas inquedanzas e motivacións ca nós, podes unirte!!

Tes opción de colaborar con Ribeira Crea de varias formas:

  • Economicamente: podes facerte socia pagando unha cota anual de 10€ ou ou podes mercar o merchandising oficial do Etal Equal.
  • Voluntariamente: podes compartir o que facemos, atraer xente ás nosas actividades, propoñer actividades ou botarnos unha man.