Quen somos?
O Cineclube Ribeira Crea é un punto de encontro para as persoas amantes do cinema en todas as súas formas. Programamos proxeccións periódicas de cinema independente, autoral, galego e internacional, apostando por películas que non adoitan chegar ás salas comerciais.
A nosa misión é crear comunidade arredor da pantalla grande. Queremos recuperar o hábito de ver cine en compañía. Tamén buscamos abrir debates e descubrir novos talentos. Ademais, queremos achegar a Ribeira unha programación diversa, crítica e inspiradora.
Cada sesión é unha oportunidade para explorar outras miradas, outros territorios e outras maneiras de contar historias. Ademais, convidamos a cineastas, creadoras e profesionais do audiovisual. Queremos enriquecer o diálogo e aproximar os procesos de creación ao público.
Se che apaixoa o cinema, este é o teu espazo.
Se queres descubrir novas películas, tamén.
Acompáñanos e forma parte dunha comunidade que entende o cine como cultura, como encontro e como experiencia compartida.
Que ofertamos?
- Programación de proxeccións mensuais de cinema.
- Recuperación de clásicos e obras de referencia.
- Películas galegas e proxectos emerxentes.
- Debates, coloquios e encontros con profesionais do sector.
- Actividades formativas e educativas arredor do audiovisual.
- Quedadas semanais entre cinéfilos para comentar filmes e series.
Próximas proxeccións



Como participar?
- A entrada é de balde para socias.
- Hai sesións específicas que son abertas a público xeral. Iso especifícase nos carteis.
- As sesións son sempre un domingo ao mes no Bar Cocoluche.
- As quedadas de cinéfilos fanse os domingos do mes que non hai proxección. Son no mesmo sitio ás 12.00h.
- As proxeccións as anunciamos aquí, no noso Google Calendar e no noso Instagram e Facebook.
- As socias están nunha comunidade de Whatsapp na que anunciamos todas as actividades que facemos. Se non te queres peder nada, faite socia!!
Histórico de proxeccións











