Etal Equal 2022: O primeiriño!


INAUGURAMOS O ETAL EQUAL!!

Primeira edición do Etal Equal Festival!

Nesta primeira edición tivemos que modificar a data do festival por mor da chuvia. Pasamos do 4 de Setembro ao 11 de Setembro. Isto fixo que o noso evento formara parte das festas de Santa Uxía de Ribeira.

O bo deste contratempo, foi poder contar cunha carpa para evitar que a chuvia nos volvese amolar os plans. Pero nada disto nos impediu inaugurar esta primeira edición.

Comezamos a xornada cun Obradoiro de Beat Box da man de Narci Rodríguez. Tomamos un vermú delicioso acompañado da música de Two Faces. Logo seguimos con Cris Regueiro & The neo band. Rematamos a xornada co concerto de Narci Rodríguez dA Trío.

Nesta edición queremos agradecer a Nikis Galicia, Lodeiros, Coca Cola, 1906, Avatel, D’Muiño, Café Candelas, Musieventos, Trazos, B Streaming, A Casa do Rock, Kameleon Vintage, La Tana, Autovidrio e ao Concello de Ribeira.

Histórico de edicións

Podes revisar aquí información e imaxes doutras edicións do Etal Equal Festival!