Etal Equal Festival


Que é o Etal Equal?

O Etal Equal Festival é un evento cultural. Este evento naceu como un festival musical centrado nos xéneros musicais que son difíciles de clasificar e etiquetar. Queríamos usar o noso festival como excusa para promocionar grupos que teñen complicada a súa representación noutros escenarios.

Co tempo, o festival musical mudou de xeito orgánico nun punto de encontro cultural. Aquí, a música convive coa pintura, a artesanía, a literatura, a poesía e todo tipo de creacións artísticas.

Este festival se celebra a primeira fin de semana de Setembro en Ribeira. É un evento que dura dúas xornadas, normalmente facemos que coincida en sábado e domingo.

Que podes facer?

Nestas anteriores edicións tivemos dúas xornadas de concertos na rúa. Foi unha oportunidade para coñecer artistas. Tamén desfrutamos do talento galego e mover o corpiño!

Organizamos un mercadiño con artistas e artesás locais. Podes mercar pinturas, esculturas, fotografías, ilustracións, xoias, accesorios, roupa, decoración, etc. Tamén poderás mercar froitas, verduras e utensilios agrícolas grazas á Asociación Agroecolóxica Sachos á rúa.

Na anterior edición fixemos dous obradoiros de artesanía (acuarela e decoración de caixas de madeira) para todos os públicos. Aquí desfrutamos da arte e tamén a facemos!!

Grazas á barra do noso festival, podemos degustar produtos ecolóxicos. Grazas tamén ao patrocinio de marcas como Lodeiros e Cervexas Alé Alé, temos acceso a produtos de proximidade. Ademais, tanto o Cocoluche como A Recoveira, fan tapas durante as dúas xornadas. Desta forma podes gozar do talento gastronómico de Ribeira!

Por último, tamén podes participar no Micro Aberto do Cocoluche. Esta actividade xa nos leva acompañando dous anos e é un éxito. Podes cantar, ler algo que che guste, ler algo que escribiches, facer un monólogo ou manifestar o que queiras. Para inscribirte, escribe ao Instagram de @ribeiracrea ou ao do @microabertococoluche.

Quen organiza todo isto?

O Etal Equal Festival é un evento creado pola Asociación Ribeira Crea. Se organiza conxuntamente con A ponte estudos, bar Cocoluche e A Recoveira. Conta coa colaboración do Concello de Ribeira e da Deputación da Coruña.

Para estar ao tanto de todo o relacionado co Etal Equal Festival, podes seguirnos nas redes de Ribeira Crea.

Próximo Etal Equal Festival

Aínda nos estamos recuperando da IV Edición. A V Edición do Etal Equal Festival está aínda por anunciar. Estate alerta!!

Histórico de edicións

Podes revisar aquí información e imaxes das anteriores edicións do Etal Equal Festival!

Identidade do Etal Equal Festival

A imaxe e estética do Etal Equal Festival está deseñada por Juancho Pérez. A nivel sonoro, a identidade do festi está realizada por Martiño Sampedro (Ilmarto). Aquí vos deixamos con algúns deseños e cos beats oficiais do Etal Equal.

Beat oficial do Etal Equal Festival – Ilmarto
Beat do Etal Equal 2023 – Ilmarto

Podes entrar na nosa tenda para mercar o Mechandising oficial do festi.