Arranca a segunda edición do Etal Equal Festival!!
Neste festival caracterizámonos polo gusto polas músicas diversas. Mólannos as agrupacións musicais que non se poden enmarcar en xéneros concretos senón que fusionan con outros.
Os días 2 e 3 de Setembro, tedes unha cita na Praza Teruel, en Ribeira. Gozaremos de dúas xornadas de música de autor galega a pé de rúa!
As artistas que nos van acompañar son: Dj Mil, Udra Trío, Narci Rodríguez d’A Trío, Catuxa Salom Live Band e Daydream Sessions!
A entrada ao Etal Equal Festival é de balde. Todo o mundo está máis que invitado a desfrutar dun ambiente marabilloso. Teremos un posto da Asociación Ribeira Crea, venta de Merch oficial do Etal Equal (que tamén podes mercar na nosa tenda online), roupa da marca emerxente Trasno, gozar das creacións culinarias de hosteleiros da nosa zona e coñecer cervexas e vermús galegos.
Aínda hai moito por confirmar, así que mantédevos contectadas ás nosas redes sociais!!